O profesor Ángel Gabilondo achégase á mostra RSME-Imaginary-Santiago cunha conferencia sobre o sentido e límites da utilidade
O ex ministro Ángel Gabilondo súmase ao programa de actividade da exposición RSME-IMAGINARY-Santiago cunha conferencia que impartirá o vindeiro luns 6 no Paraninfo da universidade a partir das 19.30 horas co lema ‘Sentidos e límites da utilidade: o coñecemento e a dicha de vivir’. Fronte a unha visión que reduce o alcance dunha meta á súa utilidade, se trata de establecer outros conceptos sobre o sentido do que as persoas fan. Este é o punto de partida da intervención do profesor de Filosofía da Autónoma de Madrid, segundo quen a rendibilidade social modifica a lectura convencional do rendible e mostra que o verdadeiro saber, a adecuada sabedoría procura benestar e favorece a dicha de vivir. Como porá de manifesto na súa conferencia Gabilondo, o encontro de René Descartes co matemático Isaac Beeckman proponse como unha ocasión para mostrar a importancia do desafío do pensar e a incidencia do coñecemento na creación de mellores formas de vida. ‘ RSME-Imaginary-Santiago’ é unha mostra visual e interactiva na que se poden atopar imaxes, pantallas táctiles, esculturas e obxectos de natureza matemática. Cun dobre carácter, cultural e divulgativo, nela se aprecia que Matemáticas e Realidade e Matemáticas e Arte están en estreita conexión.