O profesor Antón Losada analiza no Ateneo ‘o día despois’
O profesor de Dereito Político da USC Antón Losada é o convidado da sesión do día 23 dos Luns de Ateneo que se desenvolve ás 20:00 horas na Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar, Santiago). Losada analizará na súa charla ‘A Galicia do día despois’ as eleccións municipais galegas co fin de debullar o mapa político resultante.