O profesor Antonio Mosquera González tomará posesión como director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago
O reitor da USC Juan Viaño presidirá este mércores 5 a toma de posesión do profesor Antonio Mosquera González como director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago, cargo para o que foi reeelixido recentemente. A sesión de celebrarase a partir das 14.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.
Profesor titular do Departamento de Electrónica e Computación, é doutor en Física pola USC e autor de publicacións en diferentes campos da docencia, incluíndo algunha en congresos sobre investigación en docencia en informática. No ámbito da investigación, leva vinte anos traballando no eido da visión por ordenador ademais de ter participado en mais de vinte proxectos e convenios, ao que se suma a publicación doutros tantos traballos en revistas especializadas e a súa participación en preto de medio cento congresos da especialidade.