Ir o contido principal

O profesor Antonio Segura Iglesias toma posesión como decano da Facultade de Bioloxía

O profesor do Departamento de Fisioloxía Vexetal Antonio Segura Iglesias tomará posesión este xoves 29 como decano da Facultade de Bioloxía. O acto protocolario, que presidirá o reitor Juan Viaño ás 14.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, contará ademais coa presenza dos restantes membros do equipo decanal os vicedecanos Ysabel Santos Rodríguez e Jesús Aboal Viñas e a secretaria Eva Candal Suárez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.01.2015.