O profesor da Autónoma de Madrid Tomás Torres imparte un seminario no Departamento de Química Orgánica da USC
O profesor da Universidade Autónoma de Madrid Tomás Torres imparte os próximos días na Facultade de Química un seminario incluído na calendario de actividades formativas titorizadas do Departamento de Química Orgánica da USC.
‘Materiais moleculares e nanotecnoloxía. Cristais líquidos e películas finas de Langmuir-Blodgett’ é o título da primeiras das charlas programadas, o martes 4 ás 12:00 horas. Ese mesmo día, o profesor Torres disertará a partir das 17:00 horas sobre propiedades condutoras e ópticas non lineais.
O mércores 5, as intervencións comezarán ás 12:00 horas falando de fullerenos e nanotubos para continuar pola tarde, dende ás 17:00 horas cun relatorio sobre células solares orgánicas. A quenda de intervencións do profesor Torres rematará o xoves 6, a partir das 12:00 horas, disertando sobre ‘Ftalocianinas: vello colorantes, novos materiais moleculares’. Todas as sesións do seminario celebraranse na Aula Magna da Facultade de Química.