Ir o contido principal

O profesor Carlos Villanueva e a formación musical Martin Codax inauguran o programa do festival Euro-Via en Santiago

O grupo Martin Codax, referente mundial na interpretación de música medieval
O grupo Martin Codax, referente mundial na interpretación de música medieval
O grupo galego acompañará ao catedrático da USC interpretando pezas coas reproducións exactas dos instrumentos do Pórtico da Gloria

O festival Euro-Via achegará este sábado, 2 de xuño, a iconografia musical do Pórtico da Gloria a través dunha conferencia do profesor da USC Carlos Villanueva e dun concerto da formación Martin Codax. O catedrático de Historia da Música, Carlos Villanueva, intervirá ás 18.00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), acompañado musicalmente polo grupo Martin Codax, referente mundial na interpretación de música medieval. A formación galega exemplificará musicalmente os apuntamentos da conferencia, tocando con instrumentos que son reproducións exactas das fontes iconográficas do Pórtico, un proxecto impulsado polo propio profesor Villanueva xa hai mais de vinte anos patrocinado pola Fundación Barrie de la Maza e que en breve será presentado pola mesma formación no Victoria & Albert Museum de Londres. Concerto

A programación do sábado continuará ás 19.30 horas na Igrexa da Universidade cun concerto de órgano, conxunto coral e guitarras con obras para dúas e catro guitarras e órgano de Bach, Rodrigo, Hakim e outros da man do Duo Gruber & Maklar e Amadeus Guitar Duo e o organista Jürgen Geiger, xunto ao coro xuvenil de Landsberg am Lech.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.05.2012.