O profesor César Domínguez organiza en Harvard o simposio 'Cosmopolitismo e o Posnacional: literatura e nova Europa'
O profesor de Literatura Comparada da USC César Domínguez organiza estes días na Universidade de Harvard o simposio ‘Cosmopolitismo e o Posnacional: literatura e nova Europa’.
Ao encontro están convidados trinta conferenciantes procedentes de diversas institucións universitarias norteamericanas, europeas así como asiáticas, que permitirán profundar na diversidade de puntos de vista que existen sobre o asunto proposto.