Ir o contido principal

O profesor César Domínguez presidirá o Réseau Européen d’Études Littéraires Comparées

O profesor de Literatura Comparada César Domínguez acaba de ser designado presidente do Réseau Européen d’Études Littéraires Comparées (REELC) no congreso que este colectivo celebrou esta pasada fin de semana en Madeira. César Domínguez, que tamén é titular da Cátedra Jean Monnet ‘A Cultura da Integración Europea’ , asume a presidencia dun colectivo fundado en 2001 en París polos representantes de 18 asociacións nacionais de literatura comparada co obxectivo de fomentar a colaboración entre os investigadores deste eido en Europa. REELC confórmase como unha plataforma de investigación entre as asociacións nacionais e a International Comparative Literature Association, cunha orientación propiamente europeos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2013.