Ir o contido principal

O profesor David B. Wexler impartirá en Psicoloxía unha conferencia sobre ‘Xustiza Terapéutica’

David B. Wexler, profesor Emérito Distinguido de Investigación da Lei pola Universidade de Arizona impartirá o luns, 25 de abril, unha conferencia en Psicoloxía sobre ‘Xustiza Terapéutica’. A charla ten lugar no Salón de Actos da facultade, Módulo A, a partir das 17:00 horas e a entrada é libre. A Wexler atribúese a primeira discusión sobre xustiza terapéutica. O profesor suxire a necesidade dunha nova perspectiva para estudar a medida na que as normas substanciais, os procedementos, e o papel dos actores legais -avogados se xuíces especialmente- producen consecuencias terapéuticas para las persoas que participan en el proceso legal. A xurisprudencia Terapéutica é unha disciplina cuxa visión considera o Dereito dende unha perspectiva interdisciplinaria, utilizando os coñecementos de varios campos como la psicoloxía, criminoloxía, traballo social, saúde pública, psiquiatría e de rehabilitación do Dereito na súa aplicación, tomando en conta el debido proceso de lei e os valores da xustiza.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.04.2011.