Ir o contido principal

O profesor Fraga Bermúdez toma posesión como decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía

O catedrático de Pediatría José María Fraga Bermúdez tomará posesión este xoves, día 22, como decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía nun acto que se desenvolverá a partir das 13:30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome baixo a presidencia do reitor compostelán, Senén Barro.
Fraga Bermúdez repite no cargo de decano logo da súa reelección o pasado ano cun equipo na que lle acompañan os vicedecanos María Jesús Mora, José Luis Relova e David Arauxo, e de Ana Bermejo como secretaria.
O profesor Fraga Bermúdez foi director do Hospital Clínico Universitario, director médico do Hospital Xeral de Galicia, director e secretario do departamento de Pediatría da USC, vicedecano da Facultade de Medicina así como director da Escola Universitaria de Enfermería da Cidade Sanitaria Juan Canalejo. Ten publicados máis de cen traballos científicos e dirixidas máis de 20 teses de doutoramento e 25 proxectos de investigación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2007.