O profesor Francisco Durán toma posesión este mércores como decano da Facultade de Xeografía e Historia
O profesor Francisco Durán Villa tomará oficialmente posesión do seu cargo de decano da Facultade de Xeografía e Historia este mércores 18. O acto protocolario, que presidirá o reitor Juan Viaño, terá lugar ás 14:00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.
Durán Villa é docente da Área de Análise Xeográfica Rexional do Departamento de Xeografía. As súas principais liñas de investigación son a emigración, a demografía, a xeografía humana e os procesos asociados ao empobrecemento. Ademais desenvolveu diversos cargos de xestión como a dirección e a secretaría do Departamento de Xeografía ou a secretaría da propia Facultade. Foi tamén vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación continua da USC.
Completan o equipo decanal para os vindeiros catro anos Begoña Fernández Rodríguez como vicedecana de Asuntos Académicos; Margarita Barral Martínez á fronte do vicedecanato de Asuntos Económicos; e Fernando Pérez Rodríguez como secretario.