Ir o contido principal

O profesor Francisco Fraga López toma posesión este martes como decano da Facultade de Ciencias da USC

O reitor Antonio López presidirá a cerimonia, que se desenvolverá no salón de graos do centro universitario do campus de Lugo a partir das 13.00 horas

O profesor do Departamento de Física Aplicada da USC Francisco José Fraga López tomará este martes 2 de abril posesión no cargo como decano da Facultade de Ciencias da USC no marco dun acto que se desenvolverá, a partir das 13.00 horas, no salón de graos do centro universitario lugués.

O reitor da USC, Antonio López, presidirá esta cerimonia institucional, un acto académico no que, entre outros, tamén participarán a secretaria Xeral da USC, Dulce García Mella, así como a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, así como o profesor e ex decano da facultade de Ciencias José Manuel Martínez Ageitos.

As profesoras Asteria Luzardo Álvarez, que desenvolverá as funcións de vice decana da Facultade de Ciencias, e Aida Jover Ramos, quen continúa á fronte da secretaría académica do centro lugués, completan o equipo liderado por Francisco Fraga como decano da Facultade de Ciencias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.04.2019.