O profesor Francisco Rodríguez Lestegás tomará posesión este venres como director da Escola de Formación do Profesorado de Lugo
O catedrático de Escola Francisco Rodríguez Lestegás tomará posesión este venres 24 do seu cargo como director da Escola de Formación do Profesorado de Lugo. O acto protocolario celebrarase a partir das 12.30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo presido polo reitor Juan Casares. O profesor Rodríguez Lestegás é profesor da Área de Didáctica das Ciencias Sociais e coordinador do grupo de investigación Elincis, sobre Ensinanza de linguas e culturas e ciencias sociais.