Ir o contido principal

O profesor Gándara Rey, presidente da Academia Iberoamericana de Patoloxía e Medicina Bucal

O profesor Gándara Rey elixido presidente da Academia Iberoamericana de Patoloxía e Medicina Bucal
O profesor Gándara Rey elixido presidente da Academia Iberoamericana de Patoloxía e Medicina Bucal

O profesor José Manuel Gándara Rey, do Departamento de Estomatoloxía da USC, presidirá os vindeiros anos a Academia Iberoamericana de Patoloxía e Medicina Bucal. O docente da institución compostelá resultou elixido para o cargo no transcurso do Congreso da Sociedade Española de Medicina Oral e da Academia Iberoamericana de Patoloxía e Medicina Bucal celebrado recentemente en Barcelona.
Na xunta directiva da Academia acompañarán ao profesor da Facultade de Medicina de Santiago o docente da Universidade mexicana de Monterrey Elias Romero de León como secretario; Marco Díaz, de Xochimilco (México) na tesourería; e Eduardo Chimenos Küstner, Elisa Contreras e Ana Verónica Ortega como vogais.
A Academia creouse en Monterrey (México) no ano 1995 co obxectivo fundamental de agrupar a aqueles profesionais hispano falantes dedicados á Patoloxía e Medicina Bucal tanto no eido clínico como de docencia ou Investigación, coa finalidade do intercambio científico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.11.2007.