Ir o contido principal

O profesor Gonzalo Fernández Suárez toma posesión este mércores como decano da Facultade de Humanidades da USC

Gonzalo Francisco Fernández Suárez
Gonzalo Francisco Fernández Suárez
O reitor Antonio López presidirá o acto académico, ás 12.00 horas, no centro universitario lugués
Lugo

O profesor da área de Ciencias e Técnicas Historiográficas do Departamento de Historia da USC e integrante do grupo de investigación Atalaia, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, tomará este mércores posesión como decano da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo no marco dunha sesión académica, que estará presidida polo reitor Antonio López Díaz e que se desenvolverá a partir das 12.00 horas, no salón de graos do centro universitario lugués.

A catedrática de Historia da Arte Ana Goy Diz e o tamén profesor na Facultade de Humanidades José María Anguita Jaén, que completan o novo equipo de dirección da Facultade de Humanidades en calidade de vicedecana e secretario académico, tamén participarán nesta sesión académica, na que tamén intervirá a decana saínte, a profesora María Isabel González Rey.

A secretaria Xeral da USC, Dulce María García Mella; a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e os adxuntos á citada Vicerreitoría para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, e Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera, tamén acompañarán, entre outros docentes e membros da comunidade universitaria, ao novo equipo decanal da Facultade de Humanidades neste acto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2019.