O profesor Gonzalo Rodríguez, membro do consello director da Asociación Europea de Economistas Pesqueiros
Esta é unha asociación independente que traballa arredor de cuestións relacionadas coa pesca en Europa
O profesor do Departamento de Economía Aplicada Gonzalo Rodríguez Rodríguez acaba de ser elixido membro do Consello Director da Asociación Europea de Economistas Pesqueiros (EAFE). Gonzalo Rodríguez coordina o grupo de Economía pesqueira e recursos naturais e é investigador vinculado ao Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).
A Asociación Europea de Economistas Pesqueiros é unha asociación independente de economistas que traballan arredor de cuestións relacionadas coa pesca en Europa, incluíndo a acuicultura e o traballo realizado en terra en Europa.