Ir o contido principal

O profesor Ignacio Bajo intervén no Seminario Vidal Abascal cunha conferencia sobre as álxebras de Lie

O profesor da Universidade de Vigo Ignacio Bajo Palacio participará este xoves, día 15, no Seminario Vidal Abascal coa conferencia ‘Álxebras de Lie cuadráticas con estruturas simplécticas’ que terá lugar ás 16:30 horas na aula 7 da Facultade de Matemáticas.
Ignacio Bajo Palacio é profesor titular do Departamento de Matemática Aplicada II e membro do grupo de investigación en Ecuacións Diferenciais e Simulación Numérica da Universidade de Vigo. Especialista na teoría de grupos e álxebras de Lie, unha área de grande importancia na física actual, formouse como investigador no Departamento de Xeometría e Topología da USC e ten publicados traballos nas mellores revistas de matemáticas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.03.2007.