Ir o contido principal

O profesor e investigador mexicano Luciano Concheiro, na USC convidado polo proxecto ‘Nomes e Voces’

O profesor e investigador da Universidade Autónoma Metropolitana de México, Luciano Concheiro, impartirá este luns un seminario aberto dedicado ao exilio republicano en México. O encontro, organizado polo Consello da Cultura Galega e o Proxecto ‘Nomes e Voces’ , terá lugar ás 18.00 horas na biblioteca do Consello da Cultura Galega.

Xa dentro da actividade académica do Máster en Historia Contemporánea da USC, o profesor Concheiro impartirá esta semana unha conferencia sobre a historia agraria de México no século XX. A intervención desenvolverase en dúas sesións, unha primeira o mércores 14 ás 17.00 horas e unha segunda o xoves ás 11.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2011.