Ir o contido principal

O profesor James S. Nowick imparte na USC un seminario sobre química supramolecular

O profesor da Universidade de California James S. Nowick imparte esta semana un ciclo de tres charlas sobre química supramolecular dentro do programa de actividades formativas titorizadas do Máster Interuniversitario en Química Orgánica.
O primeiro dos relatorios que impartirá o doutor Nowick será este martes 30 co título ‘Molecular recognition between beta-sheets in proteins and in model systems’ Xa o mércores 1 de xullo, falará sobre ‘Designed molecules and unnatural oligomers inspired by biopolymers’. Rematará o ciclo o xoves 2 de xullo cunha intervención sobre ‘Nanometer-scale Amino Acids for Biomolecular Nanotechonology’. As tres intervencións comezarán as 12:00 horas, a do día 30 na Sala de Xuntas da Facultade de Química e as restantes na Aula Magna do mesmo centro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.06.2009.