Ir o contido principal

O profesor José Carlos Otero González presenta en Bioloxía o seu libro La vida secreta de los insectos

O profesor José Carlos Otero González presenta en Bioloxía o seu libro La vida secreta de los insectos
O profesor José Carlos Otero González presenta en Bioloxía o seu libro La vida secreta de los insectos

O profesor do Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da USC José Carlos Otero González presenta este martes 6 o seu libro La vida secreta de los insectos. O acto será ás 18.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Bioloxía en el estará acompañado polo decano da Facultade de Bioloxía, Antonio Segura, e polo director da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con da USC e prologuista do volumen, Fernando Cobo.

Os dous grupos de organismos máis poderosos do planeta son os seres humanos e os artrópodos; os segundos cunha antigüidade sobre o Planeta de 450 millóns de anos antes que nós. Para o autor, o importante é coñecer a importancia relativa que xoga cada grupo na biosfera. Con 12 millóns de especies de na actualidade, os insectos se teñen convertido nos “señores do mundo”, motor de todos os ecosistemas de plantas con flores, que nos subministran o 90% da nosa alimentación.

Este grupo de animais presenta unha alta diversidade de hábitos tróficos, puidendo ser fitófagos, saprófagos, descomponedores, depredadores ou parasitoides, o que lles fai ser os principais responsables da reciclaxe de máis do 20% da biomasa vexetal terrestre.

O libro mostra así a importancia dos insectos para a biodiversidade, esencial para a súa conservación e supervivencia.

José Carlos Otero González é doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve a súa actividade docente e investigadora no Departamento de Zooloxía da Facultade de Bioloxía, do que foi director e decano. Na actualidade é subdirector da Estación de Hidrobioloxía de Encoro do Con (Vilagarcía) da USC. Ten publicados varios libros e numerosos artigos científicos dalgunhas familias de coleópteros sobre taxonomía, sistemática, biodiversidade e zooxeografía das rexións paleárctica, afrotropical, oriental e neotropical.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2018.