O profesor José Ramón García Menéndez participa nos actos do 40 aniversario do Centro de Ciencia Política da Universidade de San Carlos de Guatemala
O profesor de Economía Aplicada da USC José Ramón García Menéndez participa estes días nos actos conmemorativos do 40 aniversario do Centro de Ciencia Política da Universidade de San Carlos de Guatemala, aos que foi convidado a participar. O primeiro dos actos nos que intervirá o docente da USC será estes martes nunha mesa de debate sobre ‘Neoliberalismo, globalización e educación pública superior’, xunto ao profesor Harry Vanden, da University of South Florida, e a Nelson Zárate, da Universidade Nacional de Costa Rica. Xa o mércores 9, García Menéndez impartirá a conferencia ‘Axuste neoliberal e derrube do Estado do Benestar en Europa: leccións e desafíos para América Latina’. Durante a súa estadía en Guatemala, o profesor José R. García tamén presentará no Centro de Ciencia Política os seus libros Democracia y Estado en América Latina: a década ominosa (1973-1983) e Desarrollo y política económica en América Latina: la década perdida (1973-1983), en conmemoración do 40 aniversario do golpe militar en Chile contra o goberno presidido por Salvador Allende.