O profesor José M. Saá Rodríguez imparte a vindeira semana un seminario no Departamento de Química Orgánica
O profesor da Universidade das Illas Baleares José Manuel Saá Rodríguez impartirá a vindeira semana un seminario do Departamento de Química Orgánica da USC incluído nas súas actividades formativas titorizadas.
A primeira das sesións programadas terá lugar o luns 15 e nela o profesor Saá pronunciará o relatorio ‘Introdución á síntese asimétrica. Compostos enantiomericamente puros’, para continuar o martes 16 falando sobre sínteses esterereoselectivas. Xa o mércores 17 o tema a analizar será ‘Catálise asimétrica. Efectos non lineais. Resolucións cinéticas’, para rematar o xoves 18 coa conferencia ‘Cianacións enantioselectivas catalíticas’.
Todas as intervencións celebraranse a partir das 10:00 horas na Aula 2.14 da Facultade de Química financiadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.