Ir o contido principal

O profesor Juan Lema seguirá dous anos máis á fronte da Conferencia de Directores e Decanos de Enxeñaría Química

O profesor Juan Lema Rodicio, responsable da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, seguirá ostentando por dous anos máis a presidencia da Conferencia de Directores e Decanos de Enxeñaría Química (CODDIQ). Así o decidiron os participantes da 5ª Asemblea que este colectivo celebrou o pasado día 30 na Universidade Politécnica de Madrid.
A CODDIQ agrupa a 29 centros de universidades españolas onde se imparte a titulación de Enxeñaría Química. Nesta asemblea analizouse ademais a posta en marcha do grao en Enxeñaría Química e a organización do máster, así como aspectos relacionados coa profesión de enxeñeiro químico e o proceso de colexiación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2010.