Ir o contido principal

O profesor Juan Monterroso, novo decano da Facultade de Xeografía e Historia

O profesor de Historia da Arte Juan Monterroso foi elixido este martes novo decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC nunha votación na que acadou 54 votos a favor e na que houbo 16 en branco e 5 nulos.
A Monterroso acompañarao no equipo decanal María del Carmen Rodríguez e Jesús Balboa como vicedecana e vicedecano de Asuntos Académicos e Económicos, respectivamente; e Pilar Rodríguez como secretaria.
Nos vindeiros catro anos o novo decano pretende, entre outros propósitos, manter unha relación fluída con e entre os distintos Departamentos da Facultade, potenciar os seus órganos de goberno e estudar como acadar un maior espazo físico para o centro. Ademais, e como reto de futuro, o profesor Monterroso manifestou a necesidade de implicarse de maneira decidida no desenvolvemento e posta en marcha dos graos que se impartirán no centro de cara á adaptación ao EEES.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.11.2008.