Ir o contido principal

O profesor Juan Monterroso tomará posesión como decano de Xeografía e Historia

O reitor Juan Casares presidirá este mércores 30 a toma de posesión do profesor Juan Monterroso como decano da Facultade de Xeografía e Historia, cargo para o que resultou reelixido nunha xunta de centro celebrada o pasado novembro e na que se contabilizaron 55 votos a favor, 10 en branco e 1 nulo. O acto protocolario de toma de posesión comezará ás 14.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. Completarán o equipo decanal Jesús Balboa como vicedecano e Mª Pilar Rodríguez Álvarez como secretaria do centro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.01.2013.