Ir o contido principal

O profesor da Kansas University Barney Warf imparte na USC un curso especializado en Telecomunicacións e Desenvolvemento Rexional

O profesor da Kansas University Barney Warf está a impartir un curso especializado en Telecomunicacións e Desenvolvemento Rexional dentro do programa do Máster en Sociedade da Información da USC. As persoas interesadas poden contactar con gist-formacion [at] usc.es (gist-formacion[at]usc[dot]es). O profesor Warf que permanecerá na USC ata finais do mes de xullo, participarán neste tempo ademais no desenvolvemento dun plan de traballo centrado na colaboración en temática de investigación, innovación e formación cos investigadores do Gist-Idega. O curso de Telecomunicacións e Desenvolvemento Rexional do profesor Warf está coordinado coa materia de Marketing Territorial en liña que imparte o profesor Carlos Ferrás, director do Gist-Idega. En conxunto, estes cursos teñen como obxectivo capacitar aos alumnos na análise e discusión de casos de Planificación Estratéxica e Marketing Territorial no ámbito internacional; aplicar metodoloxías de Marketing Territorial en municipios concretos, ao tempo que se propicia o estudo do impacto das Telecomunicacións no Desenvolvemento Económico Rexional, con especial énfase nos casos rexistrado sen España e Estados Unidos. O Marketing Territorial en liña é unha ferramenta estratéxica que permite a definición da imaxe de marca de lugares, cidades, municipios e rexións, dende a óptica do seu modelo de desenvolvemento e das súas necesidades vitais. Permite planear a oferta daqueles produtos estratéxicos que poden ser básicos para as economías locais e ofertalos no mercado de forma competitiva e atractiva. Neste senso, valora as necesidades do mercado e da competencia para establecer a súa imaxe diferencial e axustar a súa oferta ás necesidades e gustos dos potenciais inversores, turistas, cidadáns, veciños ou administracións. Utilizando as TIC, o Marketing Territorial emprega ademais a telemática e as metodoloxías das ciencias xeográficas, económica se da administración e dirección de empresas para construír proxectos de desenvolvemento en beneficio da sociedade. Esta formulación permite abordar o territorio como un produto informacional que á súa vez pode ser demandado por visitantantes e posibilita novas funcións empresariais e nichos de actividade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.05.2011.