O profesor Kurt Geckeler disertará no CIQUS sobre a síntese e deseño de polímeros supramoleculares
O profesor do Instituto Gwangjiu de Ciencia e Tecnoloxía de Corea Kurt E. Geckeler participa este mércores 22 no Ciclo de Conferencias 2012 promovido polo Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS). O deseño e a síntese de polímeros supramoleculares é o tema da conferencia que o profesor Geckeler impartirá a partir das 12.00 horas na Aula de Seminarios do CIQUS.