Ir o contido principal

O profesor Lema Rodicio convidado polo goberno sueco a participar nun grupo de científicos que analizarán os retos da investigación europea en medio ambiente e cambio climático

O profesor do Departamento de Enxeñaría Química da USC Juan M. Lema Rodicio acaba de ser convidado polo Goberno de Suecia a formar parte dun grupo de vinte científicos europeos que analizarán os retos a considerar na política de investigación da UE no ámbito do ‘Medio ambiente e Cambio Climático".
Os traballos presentaranse na conferencia ‘New Worlds-New Solutions: Research as a basis for developing Europe in a global context’ a celebrar os días 7 e 8 de xullo en Lund (Suecia), coincidendo co inicio da presidencia sueca da Unión Europea, e as conclusións recolleranse na ‘Declaracion de Lund’. O comezo dos traballos tivo lugar nun workshop celebrado en Bruxelas o pasado mes de febreiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.03.2009.