Ir o contido principal

O profesor Manuel Moreno disertará en Lugo sobre as relacións entre a astronomía e o cinema

O profesor da Universidade Politécnica de Cataluña Manuel Moreno imparte este mércores 4 unha conferencia na que falará sobre ‘Astronomía e cinema ou porque sempre hai lúa chea nos filmes’.
Moreno centrará a súa charla no tratamento da Astronomía a través do cinema, coa análise da presenza e o uso de instrumentos astronómicos, como os telescopios, e destacará os erros que se cometen con frecuencia en longametraxes como Voyage dans la Lune, Aelita, Tomb Raider, La guerra de los mundos, The invasion of giant spider, El regreso de la momia ou Darkness nas que se fai alusión a aspectos vinculados coa Astrofísica ou outras relacionadas coa existencia de alieníxenas como son Star Wars, Men in Black, Señales, Comunion ouLa Tierra contra los platillos volantes.
A sesión divulgativa celebrarase a partir das 18:00 horas no salón de actos da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo e encádrase dentro das actividades dedicadas a celebrar o Ano Internacional da Astronomía. A asistencia a este acto é libre e poderase ver por internet con Windows Media e VLC a través da ligazón mms://windowsmedia.cesga.es/AIA2009 .

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.02.2009.