O profesor de Medicina Jesús Requena intervén este xoves no CHUS cunha conferencia sobre os prións
‘Prións: proteínas infecciosas’ é o título da conferencia que o profesor Jesús Requena, do Departamento de Medicina da USC, pronunciará este xoves 13 ás 13:30 horas na Aula 2 do CHUS.
A conferencia enmárcase nas Sesións de Investigación que organiza o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.