Ir o contido principal

O profesor Pablo Ballester participa nas actividades do Máster Interuniversitario en Química Orgánica

O profesor do Instituto Catalán de Investigacións Químicas, Pablo Ballester Balaguer, participa este xoves 10 e o venres 11 nas actividades formativas titorizadas do Máster Interuniversitario en Química Orgánica, impartindo un ciclo de seminarios.

Catálise supramolecular é o tema da primeira das catro intervencións programadas, este xoves 10 ás 10:00 horas. A partir das 12:00 horas, presentará un relatorio sobre auto-ensamblaxe molecular, e xa pola tarde, dende as 17:00 horas, referirase ao cálculo de constantes de estabilidade de complexos supramoleculares. A derradeiras das intervencións programadas terá lugar o venres 11 a partir das 10:00 horas, tendo como título ‘Inclusión e encapsulación molecular’.

Esta ciclo, que se vai desenvolver na Aula Magna da Facultade de Química, conta co financiamento do Ministerio de Educación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2010.