O profesor da UNAM Julio Campo fala na Politécnica sobre as perspectivas de predición do cambio climático
O doutor en Ecoloxía e profesor da Universidade Autónoma de México (UNAM) Julio Campo ofreceu este venres unha charla na Escola Politécnica do campus de Lugo sobre a sensibilidade dos bosques tropicais ao cambio climático. No seu relatorio, Campo salientou as novas perspectivas abertas para mellorar as predicións de climáticas. Este investigador comentou neste senso que resultados das predicións climáticas serán máis precisos e completos se se teñen conta os factores relativos ao comportamento dos cambios bioxeoquímicos, así como a capacidade variable de almacenamento de carbono dos bosques tropicais. Estadía na Universidade de Santiago O relatorio ofrecido por Julio Campo na Escola Politécnica de Lugo encádrase dentro da estadía de investigación que está a completar en España e que xa o levou esta semana ao Instituto de Recursos Naturais e de Agrobioloxía de Salamanca. Campo recoñeceu asemade que, nas súa tarefa científica, mantén unha estreita relación coa Universidade de Santiago, xa que na actualidade dúas enxeñeiras egresadas da Escola Politécnica de Lugo están integradas nos distintos grupos de investigación que dirixe en México.