Ir o contido principal

O profesor da Universidade Autónoma de Madrid Juan Carlos Carretero imparte en Química un ciclo de charlas sobre síntese orgánica

O profesor da Facultade de Ciencias da Universidade Autónoma de Madrid Juan Carlos Carretero impartirá a vindeira semana unha serie de relatorios sobre ‘Síntese Orgánica II’ dentro da programación de cursos, seminarios e conferencias que organiza o Departamento de Química Orgánica da USC para o presente curso académico.
Esta serie de intervencións, que financia o Ministerio de Educación, comezará o vindeiro luns 21 coa conferencia que o profesor Carretero pronunciará sobre ‘Introdución á catálise asimétrica con énfase nos métodos de formación de enlaces C-C’. A sesión desenvolverase a partir das 16:30 horas na Aula Magna da Facultade de Química. Ao día seguinte, o martes 22 a partir das 12:00 horas, Juan Carlos Carretero falará sobre ‘Fesulphos: novos ligandos de xofre en catálise asimátrica’.
O ciclo de relatorios sobre ‘Sintese Orgánica II’ do docente da Autónoma de Madrid rematará o xoves 24 cunha intervención sobre ‘Sulfonas e N-sulfonil iminas bidentadas: novos sustratos coordinantes en catálise asimétrica’. Esta sesión desenvolverase a partir das 12:00 horas na Aula Magna do centro compostelán.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.05.2007.