Ir o contido principal

O profesor da Universidade Nova de Lisboa José Luis Capelo analiza o futuro da química analítica proteómica

‘Química Analítica Proteómica: un futuro cheo de posibilidades científicas’ será o tema que trate este xoves 17 o profesor da Universidade Nova de Lisboa José Luis Capelo Martínez no transcurso dunha conferencia.
A sesión, organizada polo Departamento de Química Inorgánica, celebrarase a partir das 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.04.2008.