O profesor da Universidade de Sheffield Harry Adams ofrece unha conferencia na Facultade de Química
O profesor da Universidade de Sheffield (Reino Unido), Harry Adams, ofrecerá este venres, día 25, unha conferencia organizada polo programa de doutoramento en Química do Departamento de Química Inorgánica.
Esta intervención, que se vai celebrar na Aula Magna da Facultade de Química a partir das 12:00 horas, leva por título ‘Crystal structure determination: a practical approach’.