O profesor da Universidade de Zurich Nicola Serra explica en Física as investigacións na busca de novas partículas
Con motivo da súa visita á Universidade de Santiago de Compostela, o profesor da Universidade de Zurich Nicola Serra, posuidor dunha ERC Starting Grant dende marzo de 2015, impartirá este mércores 24 unha conferencia na Facultade de Física titulada ‘Searching for New Particles at high and low energies’. O relatorio será ás 12.00 horas na Aula Magna.
Nicola Serra realiza parte das súas investigacións no Gran Colisionador de Hadróns (LHC) da Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), e as súas liñas de investigación céntranse no estudo do decaemento de mesóns B.