Ir o contido principal

O profesor da USC Alfonso Iglesias Amorín presenta o libro Historia de Santiago de Compostela

O profesor da Universidade de Santiago Alfonso Iglesias Amorín é, xunto con Emilio Rodríguez Álvarez, o autor do libro Historia de Santiago de Compostela que este venres 20 se presenta na Facultade de Xeografía e Historia.

Á presentación do volume, que terá lugar ás 19.00 horas na sala de profesores, asistirán ademais do profesor da USC o decano da Facultade, Juan Monterroso; o concelleiro de Cultura, Educación e Normalización Lingüística, Ángel Currás; a catedrática de Historia Moderna da USC, Ofelia Rey; e as coordinadoras do volume Beatriz Castro Díaz e Mercedes López-Mayán.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.01.2012.