Ir o contido principal

O profesor da USC José Luis Carro, doutor honoris causa pola Universidade italiana Roma Tre

O catedrático de Dereito Administrativo da USC José Luis Carro Fernández-Valmayor acaba de ser nomeado doutor honoris causa en Xurisprudenciapola Universidade italiana Roma Tre, a proposta unánime da súa Facultade de Dereito, pola súa “achega fundamental a aspectos cruciais do Dereito Público e Administrativo”. A obra do profesor Carro constitúe, segundo a Universidade romana, unha “decisiva contribución” ao proceso de unificación dos sistemas europeos en clave de tutela dos dereitos e de desenvolvemento das autonomías. Membro da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, Carro recibiu recentemente do Ministerio de Xustiza a Cruz de Honor da Orde de San Raimundo de Peñafort. É ademais doutor pola Universidade de Bolonia e profesor convidado en numerosas universidades estranxeiras.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.04.2013.