Ir o contido principal

O profesor Victor Millet presenta o libro 'Héroes de libro. Poesía heroica en las culturas anglogermánicas medievales'

O profesor de lingua e literatura alemá medieval da USC, Victor Millet, presenta este martes, día 15, o seu libro Héroes de libro. Poesía heroica en las culturas anglogermánicas medievales. O acto, que terá lugar ás 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, contará coa presenza do vicerreitor de Cultura, Elías Torres, e do propio autor.
Trátase dun estudo moi minucioso que introduce ao lector, con gran rigor pero de xeito moi ameno, no engaiolante mundo dos mitos e lendas épicas angloxermánicas medievais, cunha pervivencia ao longo dos séculos que chega á actualidade, como ben demostra o incalculable éxito da triloxía de Tolkien O señor dos aneis.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.01.2008.