A profesora Elena López Lago, nova decana da Facultade de Física

A profesora Elena López Lago acaba de ser elixida nova decana da Facultade de Física, nunha xunta de centro na que obtivo o 85 dos votos emitidos. Elena López Lago é profesora titular da Área de Óptica do Departamento de Física Aplicada desenvolvendo a súa actividade docente na Facultade de Física e na Facultade de Óptica e Optometría, na actualidade no grao e no mestrado de Física. A nova decana xa formara parte nos últimos nove anos da dirección do centro onde ostentou o cargo de secretaria da Facultade.
López Lago forma parte do grupo de investigación de referencia competitiva Nanomateriais, Fotónica e Materia Blanda coordinado polo profesor Luis Javier Gallego del Hoyo. Actualmente é investigadora principal do proxecto ‘Caracterización óptica de líquidos iónicos puros e dopados con sales para a súa aplicación en dispositivos fotónicos e electroquímicos’ e participou noutros quince proxectos de investigación e tres redes temáticas, dos que resultaron máis de medio centenar de artigos científicos xunto con outras tantas comunicacións a congresos.