Ir o contido principal

A profesora Josefina Ling traduce ao español a obra de Paul Couteau Esos astrónomos locos por el cielo

Portada da obra editada polo Servizo de Publicacións da USC
Portada da obra editada polo Servizo de Publicacións da USC

A profesora do Departamento de Matemática Aplicada e investigadora do Observatorio Astronómico Ramón María Aller Josefina F. Ling acaba de publicar o libro Esos astrónomos locos por el cielo o la historia de la observación de las estrellas dobles , unha tradución ao castelán do libro de Paul Couteau editada polo Servizo de Publicacións da USC. Como explica a autora desta tradución a obra presta atención a persoas que teñen consagrado “ a súa vida, e a miúdo a súa fortuna, á investigación e ao estudo das estrelas dobles, uns enigmáticos sistemas estelares que se dedican a xogar ao escondite mentres danzan un vals misterioso”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2014.