A profesora Luisa de Cola intervén no ciclo de seminarios e conferencias do Departamento de Química Orgánica
A profesora Luisa de Cola, da Westfälische Wilhelms-Universität, participa a vindeira semana no ciclo de cursos, seminarios e conferencias que o Departamento de Química Orgánica organiza ao longo de todo o período académico.
O programa da estadía da profesora de Cola na USC comezará o luns, día 26, coa presentación do relatorio titulado ‘Light as a probe: Self-assembling molecules and nano-objects’. Ao día seguinte, martes 27, o tema da intervención será ‘Light as a probe: Molecular imaging in vitro and in vivo’. A quenda de intervencións rematará o mércores, día 28, co relatorio ‘Light as a product: Organic light emitting diodes. From chemical design to devices’.
As tres intervencións desenvolveranse a partir das 12:00 horas na Aula 2.14 da Facultade de Química e contan co financiamento do Ministerio de Educación e Ciencia.