Ir o contido principal

A profesora María Xosé Rodríguez Galdo tomará posesión como directora do Centro de Estudos Avanzados

A catedrática de Historia e Institucións Económicas María Xosé Rodríguez Galdo tomará posesión este mércores 29 do seu cargo como directora do Centro de Estudos Avanzados – Casa Europa.
Baixo a presidencia do reitor da USC, Senén Barro, a toma de posesión celebrarase nun acto protocolario que se vai desenvolver a partir das 12:00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.
Vicerreitora entre os anos 1984 e 1986 así como directora do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) de 1986 a 1991, María Xosé Rodríguez Galdo é autora de numerosos libros e artigos de investigación en temas relacionados coa historia económica e empresarial, economía e xénero, ou demografía e procesos migratorios. Ata o momento era, ademais, directora do ‘Centro de Estudios de Población y Análisis de las Migraciones’ (CEPAM) e do portal www.emigratio.com, e pertence ao CIFEX e ao Seminario Mulleres e Universidades da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.04.2009.