Ir o contido principal

A profesora Rosa Crujeiras toma posesión este venres como vicerreitora de Comunicación e Coordinación

A profesora Rosa Crujeiras Casais tomará posesión este venres 23 do seu cargo como vicerreitora de Comunicación e Coordinación nunha sesión protocolaria que presidirá o reitor Juan Viaño a partir das 13.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.

Rosa Crujeiras (Ribeira, 1978) é profesora contratada doutora do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización e membro do grupo de investigación MODESTYA, onde desenvolve a súa investigación en estatística non paramétrica para datos espaciais e direccionais.

Ten publicados case corenta artigos científicos en revistas internacionais e tres capítulos de libros, así como varios traballos divulgativos. Participou en oito proxectos de investigación europeos e nacionais -dous deles como co investigadora principal-, en redes de investigación e en contratos e convenios con empresas.

Foi secretaria do Instituto de Matemáticas, vicedecana da Facultade de Matemáticas e adxunta á Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2017.