Ir o contido principal

A profesora da USC Elena López Lago falou en Fonseca dos logros e retos das tecnoloxías da luz

A profesora da USC Elena López Lago falou en Fonseca dos logros e  retos das tecnoloxías da luz
A profesora da USC Elena López Lago falou en Fonseca dos logros e retos das tecnoloxías da luz
Nunha conferencia patrocinada por Red Eléctrica de España no marco da celebración do Ano Internacional da Luz

A profesora da área de Óptica da Facultade de Física da USC Elena López Lago ofreceu este xoves no Colexio de Fonseca a conferencia ‘Tecnoloxías da luz: logros e retos na era do fotón’, una actividade patrocinada por Red Eléctrica de España no marco da celebración do Ano Internacional da Luz e do trixésimo aniversario da compañía.

A profesora López Lago repasou na súa intervención os grandes logros científicos que tiveron lugar nos últimos 50 anos e que revolucionaron a iluminación, os sistemas de telecomunicacións e a medicina: as tecnoloxías de iluminación de estado sólido, cuxos representantes máis coñecidos son o LED, a fibra óptica e o microscopio óptico.

O acto contou coa presenza, entre outras personalidades, do reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño; do decano da Facultade de Física e director do Máster en Enerxías Renovables da USC, Luis Miguel Varela; e do delegado rexional de Red Eléctrica en Galicia, Carlos González Patiño.

Elena López Lago é autora de medio centenar de publicacións científicas, así como de outras tantas achegas a congresos e participou en catorce proxectos de investigación, un deles europeo, e en tres redes temáticas. Ao longo da súa traxectoria investigadora colaborou coas universidades de Vigo, A Coruña e Politécnica de Cataluña así como coas de Helsinki e Turku en Finlandia; a Universidade de Brescia en Italia; as de Limoges, Rennes e Pierre et Marie Curie en Francia; e co Instituto de Óptica de Varsovia en Polonia.

Red Eléctrica de España, transportista único e operador do sistema eléctrico español, colabora coa Universidade de Santiago de Compostela no Máster de Enerxías Renovables da Facultade de Física, combinando as clases teóricas con visitas a instalacións da compañía, especialmente a subestación 400/220 kilovoltios de Rede Eléctrica Mesón do Vento (A Coruña).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.10.2015.