A profesora da USC Isabel Fernández rescata nun libro a memoria de Manuela Barreiro, a primeira licenciada en Farmacia de Galicia
A catedrática da USC e profesora na Facultade de Ciencias de Lugo, María Isabel Fernández García, rescata a memoria da ribadense Manuela Barreiro, a primeira muller que completou os estudos da licenciatura en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela no libro "Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada", que vén de editar a Deputación Provincial de Lugo.
Nesta obra, María Isabel Fernández, que tamén forma parte do Grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica Ciencia Nosa, pon en valor as actividades e méritos acadados por Manuela Barreiro e afonda na figura desta ribadense, a primeira muller que cursa estudos na universidade en Galicia, logo de solicitar permiso ao Ministerio para matricularse na USC, á que accedeu en 1896. Rematados os estudos da licenciatura en Farmacia en 1900, Barreiro Pico abriría un ano despois a súa propia Botica en Ribadeo. Eso sí, logo de solicitar múltiples permisos.
O libro que vén de publicar María Isabel Fernández contribúe a rescatar e poñer en valor a memoria tantas veces esquecida da actividade desenvolvida polas mulleres en xeral e das galegas en particular fóra do fogar. Etas mulleres, segundo subliñan desde o grupo de investigación CienciaNosa da USC fixeron un gran labor iniciador e silencioso que contribuíu a abrir os camiños polos que hoxe transitan moitas mulleres.