Ir o contido principal

A profesora da USC Pilar Cagiao ofrece en Lugo a conferencia 'Santiago en América'

A profesora de Historia de América e directora do Centro de Estudos Americanistas da USC, Pilar Cagiao Vila, impartirá este xoves 26, ás 20:00 horas, no Pazo de San Marcos de Lugo, a conferencia ‘Santiago en América’.
Este relatorio enmárcase no ciclo ‘De camiños e viaxes: o Xacobeo’, que organiza o clube cultural Valle-Inclán. A presentación correrá a cargo do presidente da entidade, Xerardo Pardo de Vera.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.11.2009.