Profesorado de Economía e Empresa de ensino medio e superior reúnese este venres na USC
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolle este venres 26 o Encontro entre profesores de Economía e Administración de Empresas de ensino medio e superior, unha actividade enmarcada nos actos de conmemoración dos 50 anos dos estudos de economía en Galicia.
A inauguración terá lugar ás 9.30 horas coa participación do reitor Juan Viaño; a decana da Facultade, María Emilia Vázquez; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a presidenta da Asociación Olimpíada Española de Economía, Mari Luz Marco; e o coordinador programa A Ponte da USC, Luís Hervella Torrón.
Ademais durante este encontro asinarase o acordo da X Olimpíada Española de Economía, xa que a vindeira edición da fase estatal se celebrará en xuño de 2018 na universidade compostelá.