Ir o contido principal

Profesorado de Medicina e Odontoloxía coordina o primeiro congreso do Consello Galego de Odontólogos en Noia

Os 2.000 afiliados e afiliadas do Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos están convocadas á primeira xuntanza desta organización que se vai celebrar entre os días 7 e 9 na localidade de Noia baixo a dirección dos profesores da Facultade de Medicina e Odontoloxía Benjamín Martín Biedma e Juan e Andrés Blanco Carrión.

A primeira cita da xuntanza, o xoves 7 será unha xornada precongresual aberta ao público e con conferencias impartidas polos profesores José Carro Otero e Ángel Carracedo, xunto aos que tamén intervirán o triatleta galego Iván Raña e o diplomático Inocencia Arias. Xa nas xornadas do venres 8 e sábado 9 desenvolveranse o encontro científico coa participación dunha quincena de docentes das universidades de Santiago, Barcelona, Complutense de Madrid, País Vasco, Sevilla, Valencia e Bari (Italia). O programa deseñado permitirá difundir os resultados dos seus últimos traballos e compartir unha visión actualizada de todas as ramas da Odontoloxía.

A celebración desta xornada conta coa colaboración da Unidade de Patoloxía e Terapéutica Dental da Facultade de Medicina e Odontoloxía, ademais da Consellaría de Sanidade, os colexios provinciais de Odontoestomatólogos, o Colexio de Hixienistas Dentais de Galicia e os concellos de Noia e Porto do Son.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.07.2016.