Ir o contido principal

Profesoras da USC imparten os relatorios das xornadas 'Femenino Plural' do Instituto Padre Sarmiento

O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento organiza entre os días 20 e 22 de novembro a segunda parte das Xornadas ‘Feminino Plural: a palabra e a memoria de muller na Galiza’ na que participan tres profesoras da USC.
Así, este martes ás 20:00 horas a profesora Carmen Blanco García falará na sede do Instituto das imaxes de mulleres na literatura galega, mentres que o mércores será a quenda de María Xosé Rodríguez Galdo co relatorio ‘Viúvas de vivos e mortos: a muller na emigración galega’. Rematarán as sesións o xoves coa participación de María do Carme García Negro cunha charla sobre xénero, economía e mercado de traballo.
Ademais, tras os relatorios terá lugar a proxección respectiva dos filmes ‘The hours’, ‘Mamasunción’ e ‘Riso amaro’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.11.2007.